Centros da Rede Escolas Seguras

O curso 2018-2019 foi o arranque, en Galicia, da Rede de Escolas Seguras, espazo libre de LGTBIfobia, proxecto estatal coordinado pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais e Intersexuais e respaldado polo Ministerio de Sanidade, Consume e Benestar Social.

E foron dous os centros vigueses que se incorporaron á Rede.

O primeiro centro en entrar a formar parte foi o IES Politécnico de Vigo, sen dúbida o centro de referencia na cidade como modelo de implantación da diversidade afectiva-sexual e de xénero. Co seu Grupo do Apoio de alumnado LGTBI, a súa titoria LGTBI, ao cargo da profesora Ana Ojea e todas as actividades que realizan durante o ano, destacando a Semana da Diversidade, son un exemplo de que a convivencia nun centro pode ser diversa, plural e respetuosa.

Parabéns a todes por facelo posible e polo voso gran traballo diario!!!

Posteriormente, foi o IES A Guía o que recibíu o certificado. Neste centro comezan a camiñar, co paso moi firme, pola visibilidade nun espazo libre de discriminación e por unha educación en valores, que contemple toda a diversidade. O seu Grupo de Apoio de alumnado LGTBI, respaldados pola profesora Beatriz Fdez Barciela, realizaron diversas actividades o longo do curso e teñen moitas máis en mente para implementar.

Igualmente parabéns e a seguir!

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s