2020-2021 Volvemos ao cole con + seguridade!

Recordas que o ano pasado te presentamos a Nora e a historia da súa mochila menguante?

Nesta volta ao cole, Nora medrou e fixo amigxs cos que seguir aprendento. Animaste a coñecer o seu día a día?

E desde Nós Mesmas tamén estamos preparadas para volver ás aulas a traballar a Diversidade Afectiva, Sexual, de Xénero e Familiar, con sentidiño, con protocolos e medidas de seguridade e moita calma!

Porque as cousas feitas con calma chegan a mellor porto, por iso, e como sabemos que nos centros traballachedes a reo para adaptaros a esta situción sen pautas marcadas, traballamos para ofertar unha programación adecuada ao momento.

Para os centros que estades a recibir actividades externas, contamos cun Protocolo Covid que asegura a nosa práctica. E para aqueles que preferides esperar á que a situación cambie, temos un montón de recursos para que poidades implementar nas aulas na sección de Recursos.

Aquí deixamos a programación que vos propoñemos por niveis educativos, se no voso centro ou aula queredes traballar un contido concreto ou en máis profundidade, non dubides en contactarnos e facérnolo saber:

Programación Educación Infantil

Programación Educación Primaria

Programación Educación Secundaria

Contáctanos por correo en nosmesmas@felgtb.org para obter máis información!

Coa colaboración da:

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s