
Xa quentamos motores e comezamos a camiñar un novo curso escolar!
Este ano, seguen a acompañarnos as máscaras, o xel hidroalcoholico, os aforos…pero todo o centro estará volcado en que este curso sexa o mellor para todo o alumnado!!
Para axudarvos na vosa labor, un ano máis presentámosvos o noso Plan de Formación en Diversidade Afectiva-Sexual, de Xénero e Familiar para Educación Infantil (2º ciclo) e Primaria e que conta co apoio da Deputación de Pontevedra.
Ofrecemos contacontos, charlas, obradoiros…que teñen como obxectivo desenvolver as capacidades afectivas do alumnado de infantil e primaria en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual e de xénero.
Descargate o programa completo e se queredes que acudamos ao teu centro, non dubides en porte en contacto co Equipo de Educación de Nós Mesmas.
Programa DASXeF para Infantil e Primaria
Actividade parcialmente financiada co apoio da:
