Sobre nós.

logo-final-nosmesmas

Nós Mesmas nace en 2008 e somos unha asociación feminista de defensa dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais, transexuais, intersexuais, asexuais e queer (LBTIAQ) con se en Vigo pero que traballamos a nivel provincial.

O noso obxectivo e motor de loita, é acadar as condicións necesarias para o exercicio e pleno disfrute dos nosos dereitos.

Todo isto en que se traduce?

Tradúcese nun grupo aberto e cambiante de mulleres,  que desde o traballo en equipo e a óptica feminista, trata de facer, crear, aportar ideas e accións para erradicar a discriminación que segue existindo contra o colectivo LGTBIAQ, en especial, das mulleres.

Levámolo a cabo mediante accións sociais, reivindicativas e educativas, nacidas e impulsadas polas propias participantes, que rachen có patriarcado e cisheterosexismo social e nos empoderen co fin de rematar coa violencia social e institucionalizada contra tódalas persoas que se saían do «socialmente aceptable» coa súa orientación sexual, identidade de xénero e/ou expresión de xénero.

Por que este blog?

O bullying ou acoso é un fenómeno social de violencia entre iguais, o principal motivo que causa bullying nas escolas do Estado español é a orientación sexual ou identidade de xénero, a este acoso concreto chamaselle acoso/bulling LGTBfóbico.

As consecuencias psicosociais do acoso LGTBfóbico son moi graves e exténdense a idade adulta; ademáis da rabia, impotencia e tristeza que provoca o acoso, este acuciase coa soidade e ansiedade, producindo absentismo, fracaso escolar, un alto risco de psicopatoloxía e de suicidio, ata un 17% das e dos xóvenes LGTB tentaron suicidarse polo menos unha vez para deixar de vivir a situación de acoso.

A finalidade deste blog e do resto do Plan de Formación, é a de informar e formar ao alumnado para detectar unha posible situación de acoso e saber actuar ante ela e por ao alcance do profesorado recursos e experienciais reais da nosa contorna que poidan levar as súas aulas e centros para visibilizar unha realidade da que apenas se fala e que se atopa invisibilizada.

Este blog crease dentro do noso Plan de Formación en DASeX 2017 subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

LOGON DEPO