Como estudante LGTBI, teño dereitos

Pois si, os tes!

como estudante LGTBI, teño dereitosTes os mesmos dereitos que calquera outro ou outra estudante, a túa orientación sexual e/ou identidade de xénero non te fai menos, coñece os teus dereitos como estudante para poder defenderte e protexerte:

  • Teño dereito a ser RESPECTADO
    • Este dereito ao respecto da miña identidade, integridade e dignidade supón que me protexan das agresións de calquera tipo (insultos, mofas, que me illen, empurren, peguen, falen mal de min…).
  • Teño dereito a unha FORMACIÓN INTEGRAL:
    • Este dereito quere dicir que tes dereito a recibir formación que contribúa a que desenvolvas a túa personalidade de forma plena. Para isto debes de ter referentes cos que identificarte de forma positiva, por exemplo.
    • Inclúe que te formen, a ti e ao resto do alumnado, no respecto aos dereitos e liberdades e na convivencia. (Isto é moi, moi importante! Quere dicir que un centro non pode negarse a formarvos en que é a diversidade de orientación sexual ou de identidade de xénero de forma positiva)
    • Inclúe o aprendizaxe de métodos non violentos para resolver conflitos e que estea baseado no respecto a diversidade e no respecto a igualdade.
  • Teño dereito a ATENCIÓN INTEGRAL:
    • Se son menor de idade, teño dereito á protección no ámbito escolar, é dicir, que existan medidas e actuacións que preveñan e interveñan en situacións de risco ou desamparo que me poidan afectar.

A escola e o instituto deben ser anos nos que aprendas, coñezas xente, medres como persoa…sempre feliz, con curiosidade e inquedanza. O centro escolar debe promover  que isto suceda así e TODAS E TODOS debemos por da nosa parte.

igualdad