Son testemuña de acoso lgtbi no meu centro

Na túa clase ou no teu centro, hai un mozo ou unha moza á que insultan tódolos días?

es testemuña de acoso no teu centro escolar_Metense con el ou ela utilizando insultos ou expresión homófobas ou tránsfobas como “maricón”, “marimacho”, “travelo”…?

Mófanse, péganlle ou empurran, a intimidan e ameazan para que non diga nada?

Sempre está só ou soa porque o resto a ailla?

Estas situacións e outras similares é acoso escolar, e poden acontecer no teu centro a un ou unha compañeira por:

  • por ser gay, lesbiana, bisexual ou transexual
  • por gustarlle vestir, peitearse, xogar…a algo que non é “de nenos” ou “de nenas”
  • porque a súa familia está formada por dúas mamás ou dous papás
  • ou porque é diferente á maioría

Se ves algo así ou eres testemuña dalgunha situación que non te gusta e que crees fai sentir mal a un compañeiro ou compañeira, HAI MOITAS COUSAS QUE PODES FACER, TOMA NOTA!!

  • Apoia a ese compañeiro ou compañeira. Faille sentir que non está soa. Podes falarlle cando o vexas só ou soa ou despois de que o agredan. Anímao e preguntalle se quere falar có profesorado, orientación…
  • Cando se mofen dalguén diante túa, NON TE RÍAS TI TAMÉN. As risas animan aos agresores e agresoras a repetir o que fixeron.
  • Se estás vendo unha agresión, e non é perigoso para ti, DEFENDE AO TEU COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA. Aínda que non teñades amizade ou non vaia na túa clase. Dille as persoas que agreden que paren e que non te parece divertido o que fan.
  • Comentao co profesorado, equipo de orientación…RECORDA que cando estades no Centro escolar son eles e elas as que teñen a responsabilidade do voso benestar. Se ti contas o que viches, terán que facer algo para solucionalo.
  • Falao coa túa familia. Contalles o que pasa e como te fai sentir. Pidelles que o falen no centro para que cambie.
  • Se crees que as propostas anteriores non son fáciles de realizar, sempre hai organizacións que te poden axudar e aconsellar:
    • Chama ao teléfono do Acoso Escolar (é gratis) 900 018 018
    • Chama á Fundación Anar (é gratis) 900 202 010
    • Contacta con nós por teléfono ou whatsapp, Asociación Nós Mesmas, 627 736 965 ou por mail nosmesmas@felgtb.org

mano-con-un-telefono-cellulare-con-simbolo-rss-feed-sullo-schermo_318-38048

Non mires para outro lado: se te decides a axudar, deixarán de acontecer este tipo de cousas a outras persoas.