Rede Escolas Seguras

logo en galego

Esta iniciativa parte da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais, FELGTB e xunto con Nós Mesmas, desenvolven o proxecto ¡En mi clase, NO! Coalición de CENTROS EDUCATIVOS contra el acoso LGTB.

O obxectivo principal do proxecto é crear a coalicción de escolas seguras para liderar os esforzos frente ao acoso escolar. A alianza inclúe alumnado, profesionais sociais, profesorado, familias, persoal de mantemento e administradores/as. Este modelo de prevención inclúe un certificado que ten por obxectivo recoñecer o compromiso e responsabilidade conxunta de todolas persoas implicadas.

O proxecto quere dar unha resposta coherente cos plantexamentos da educación na diversidade. Esta iniciativa organizase o redor da participación na comunidade onde se acolla, porque todolos axentes aportan elemntos válidos para construir unha escola diversa e segura. O impacto da coalición é máis forte aínda se acolle representación tanto da escola como da comunidade en xeral. Ata o de agora un bo número de centros educativos forman parte desta rede.

Coñece os centros Galegos que forman parte da Rede Escolas Seguras!

Se ti, como Equipo directivo do teu centro, estás interesado en ampliar a información, estamos a súa disposición para manter unha entrevista no horario e día que resultelle máis convinte. Pode contactarnos a través do seguinte formulario.

Deixamos ademáis un par de vídeos promocionais da campaña: