Resumo e ponencia III Xornadas 2019

Nestas III Xornadas contamos coa participación de 170 asistentes, na súa maioría profesorado da educación formal, que compartiron 8 horas de formación moi intensas e cun resultado non só positivo, senon esperanzador.
IIIXornadasTratamentoDiversidade35Durante a xornada afondamos en conceptos clave para entender a diversidade e para entender os procesos sociais e culturais que manteñen enquistada a LGTBfobia e o machismo, expuseronse proxectos, material bibliográfico, xogos…para infantil, primaria e secundaria cos que traballar transversalmente e facer que esa situación mude.
Durante a tarde, coñecimos unha realidade que pasa moi desapercibida, o profesorado LGTB e a súa visibilidade e finalizamos a xornada coñecento boas practicas que están a funcionar no Estado e aquí, en Galiza e das que todos os centros escolares poden ser partícipes.
IIIXornadasTratamentoDiversidade75
No seguinte enlace, podes descargar as ponencias cedidas para compartir:
Traballar a diversidade nas aulas de primaria. Proxecto Plurileando.
                       Maria Jesús Guedes nos deixa tamén as Situacións de Aprendizaxe con Viruta (para o traballo en secundaria sobre o amor romántico e a prevención da violencia de xénero)
                       Podes descargar a Guía Pluraleando no apartado de recursos deste blog.
Como incluír a DASeX nos plans de igualdade nos CEIP e IES, ponencias de Marcos Barreira e Paloma García.
Boas prácticas para centros escolares: Rede Educativa de Apoio LGBTQI, ponencia de Ana Ojea.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.